Lindeiros – Agosto 2013
El 24 de Julio de 2013 quedará grabado en la memoria de muchas personas, de muchas familias, que perdieron a sus seres queridos. Ha sido prácticamente imposible sustraerse a la tragedia en el entorno de Compostela. Todos conocemos a alguien que viajaba en el tren, que participó en las labores de rescate, que lo cubrió informativamente… Santiago, y con ella toda España, ha vivido de un modo especialmente intenso la fase más aguda de este drama. Un drama que pasará. Poco a poco se diluirá. Ocupará, paulatinamente, menos espacio en los medios, en las redes sociales, en las conversaciones, en nuestras vidas. Los heridos se irán recuperando, esperamos, de la terribles heridas que, en muchos casos, les mantienen hospitalizados, sintiéndose afortunados de vivir para contarlo. Y será entonces cuando comience un auténtico drama para muchos de ellos.
El 24 de Julio de 2013 murieron muchas personas y nacieron muchos discapacitados. Personas hasta ese día consideradas a sí mismas y por otros como «normales», personas que caminaban con sus dos piernas, que manipulaban con sus dos manos, personas que veían y oían perfectamente, con una capacidad cognitiva en la media, personas «capaces», viajaban en ese tren. Eran personas que se medían por lo que «podían» hacer y que a partir de ahora, para la masa social, serán «lo que no tienen», «lo que les falta», personas cuya «normalidad», cuya «capacidad», salió despedida a 179 km/h en la curva de A Grandeira.
El 24 de Julio de 2013 empezó una nueva vida para varias decenas de personas que deberán aprender a ser y estar de un modo diferente a como lo hacían hasta ahora. Tal vez la ayuda protésica, cuando ésta sea posible, suplirá funciones de partes de su anatomía que todavía se encuentran entre el amasijo de hierros que es ahora el Alvia Madrid-Ferrol, o que esperan encontrar dueño en los depósitos de la morgue. Una nueva vida que no será fácil de asumir, de aceptar, de digerir, de vivir. Su entorno se dividirá entre los que les crean con suerte por seguir vivos, y los que sientan lástima. Y al mundo le importará un rábano, porque estaremos ocupados en otra tragedia, en otro drama desechable servido por los medios.
Si de verdad nos importó algo el accidente y lo que este supuso, nos queda mucho camino que andar junto a esta gente, que serán algo más que supervivientes discapacitados. Serán personas normales, que perdieron un brazo, una pierna, una mano… mucho mejor que perder la humildad, la honradez o la decencia.
Si de verdad queremos ayudar es importante recordar la máxima latina, Primum non nocere, «lo primero es no hacer daño», lo primero es no crear más barreras. Lo primero es comprender.

Ilustración original de @JorgeDelOro
Lindeiros – Agosto 2013
(orixinal en galego)
O 24 de Xullo de 2013 quedará gravado na memoria de moitas persoas, de moitas familias, que perderon aos seus seres queridos. Foi practicamente imposible subtraerse á traxedia na contorna de Compostela. Todos coñecemos a alguén que viaxaba no tren, que participou nos labores de rescate, que o cubriu informativamente… Santiago, e con ela toda España, viviu dun modo especialmente intenso a fase máis aguda deste drama. Un drama que pasará. Aos poucos diluirase. Ocupará, paulatinamente, menos espazo nos medios, nas redes sociais, nas conversacións, nas nosas vidas. Os feridos iranse recuperando, esperamos, das terribles feridas que, en moitos casos, mantéñenlles hospitalizados, sentíndose afortunados de vivir para contalo. E será entón cando comece un auténtico drama para moitos deles.
O 24 de Xullo de 2013 morreron moitas persoas e naceron moitos discapacitados. Persoas até ese día consideradas a si mesmas e por outros como «normais», persoas que camiñaban coas súas dúas pernas, que manipulaban coas súas dúas mans, persoas que vían e ouvían perfectamente, cun rendemento cognitivo na media, persoas «capaces», viaxaban nese tren. Eran persoas que se medían polo que «podían» facer e que a partir de agora, para a masa social, serán «o que non teñen», «o que lles falta», persoas cuxa «normalidade», cuxa «capacidade», saíu despedida a 179 km/h na curva de A Grandeira.
O 24 de Xullo de 2013 empezou unha nova vida para varias decenas de persoas que deberán aprender a ser e estar dun modo diferente a como o facían até agora. Talvez a axuda protésica, cando esta sexa posible, suplirá funcións de partes da súa anatomía que aínda se atopan entre o amasillo de ferros que é agora o Alvia Madrid-Ferrol, ou que esperan atopar dono nos depósitos da morgue. Unha nova vida que non será fácil de asumir, de aceptar, de dixerir, de vivir. A súa contorna dividirase entre os que lles crean con sorte por seguir vivos, e os que sintan mágoa. E ao mundo importaralle un pemento, porque estaremos ocupados noutra traxedia, noutro drama desbotable servido polos medios.
Se de verdade importounos algo o accidente e o que este supuxo, quédanos moito camiño que andar xunto a esta xente, que serán algo máis que sobreviventes discapacitados. Serán persoas normais, que perderon un brazo, unha perna, unha man… moito mellor que perder a humildade, a honradez ou a decencia.
Se de verdade queremos axudar é importante lembrar a máxima latina, Primum non nocere, «o primeiro é non facer dano», o primeiro é non crear máis barreiras. O primeiro é comprender.